Martina Aneiros destaca o respaldo da Xunta de Galicia a unha nova edición de Equiocio Ferrol

Ferrol, 18 de xullo de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no Antigo Hospicio, na sinatura do convenio de colaboración entre Gadis e Equiocio Ferrol 2023, un evento que “naceu como competición hípica, pero que ten evolucionado ata converterse nunha cita medioambiental, turística, social e de ocio referente na temporada estival da nosa comarca”, destacou Aneiros. No acto participaron a directora de Equiocio, Ana Pérez-Lago, o delegado de Área e conselleiro de Gadisa, José Carlos Díaz Arnau, e responsables municipais.

A representante da Goberno galego puxo o aceno nos diferentes ámbitos que promove esta cita co respaldo da Xunta de Galicia como son os do medio ambiente, a cultura, o turismo ou o compromiso social. “Desde o Goberno galego compartimos esa mirada poliédrica que a organización soubo darlle a Equiocio e non podemos deixar de subirnos a este buque insignia que sobre todo é Ferrol en estado puro”, apuntou.

Aneiros finalizou a súa intervención eloxiando o bo facer da organización e emprazou a veciños y visitantes a “vivir” o próximo 4 de agosto a experiencia Equiocio 2023 en primeira persoa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/07/2023