Martina Aneiros pon en valor o peso do automobilismo galego durante a presentación do XXXV Rali Cidade de Narón, puntuable para o nacional

Narón (A Coruña), 17 de xullo de 2023 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá, xunto á alcaldesa de Narón e membros da directiva da escudería Siroco, na presentación da trixésimo quinta edición do Rali Cidade de Narón que terá lugar os días 21 e 22 de xullo na cidade e na que están inscritos un total de 79 pilotos.

Aneiros gabou o traballo da organización do evento no que colabora a Xunta como “unha das probas deportivas que alberga Narón cada ano e toda unha referencia no mundo automobilístico galego”. Por terceiro ano consecutivo, o Rali Cidade de Narón será puntuable para a Copa de España de Ralis de Asfalto, un campionato que celebra na Comunidade galega tres das súas sete probas o que evidencia o peso do motor galego no ámbito nacional. Ademais comprometeu o apoio do Goberno galego “para seguir promovendo esta disciplina deportiva que gaña adeptos cada ano”, destacando os 35 anos de traxectoria do evento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/07/2023