Trenor pon en valor a excelencia do turismo galego co izamento das bandeiras azul e de Q de calidade turística no Real club náutico da Coruña

Trenor destacou a importancia de acadar este tipo de distincións que contribúen á dinamización turística e posicionamiento de Galicia como destino de calidade debido a que constitúen un elemento determinante na toma de decisións para un importante e numeroso colectivo, tanto de turistas nacionais como internacionais

A Coruña, 14 de xullo de 2023 O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou  no izamento da bandeira de Q de Calidade turística no Real Club Náutico da Coruña onde destacou que grazas á calidade e ao compromiso da comunidade coa excelencia, acadáronse este ano 16 distintivos Q para outros tantos portos deportivos de Galicia. Na comarca da Coruña contan tamén con este recoñecemento o club náutico de Sada e Sadamar Porto Deportivo.

Os establecementos galegos co selo Q, que certifica estándares de calidade turística, aumentaron un 40% en dez anos. Neste senso, Trenor destacou que a calidade é un sinal de identidade do noso destino turístico, “Galicia Calidade é moito máis ca unha frase o un slogan, representa o impulso cara a excelencia no que levamos traballando desde hai moito tempo desde a Xunta de Galicia”.

Neste sentido, Galicia, coas 16 instalacións náuticas deportivas certificadas co Q, é líder neste segmento en relación ao resto de comunidades costeiras de España.

Durante a súa intervención, o delegado da Xunta destacou a importancia de acadar este tipo de distincións que contribúen á dinamización turística e posicionamiento de Galicia como destino de calidade debido a que constitúen un elemento determinante na toma de decisións para un importante e numeroso colectivo, tanto de turistas nacionais como internacionais.

“Esta calidade é conseguida tras a aposta por un traballo constante no que diariamente se pretende a procura da cultura do detalle e o perfeccionamento” finalizou Trenor.

Bandeira azul

No acto tamén se izou a bandeira azul que acredita que cumpren cuns criterios moi rigurosos de calidade. Un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais, portos deportivos, centros e sendeiros de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

Trenor resaltou que conseguir e manter estes galardóns é un traballo conxunto “entre as administracións” e subliñou “a importancia” que teñen estes distintivos como reclamo turístico. “Nun mundo onde o turista sempre busca máis información á hora de elixir unha praia ou onde pasar as vacacións é moi importante contar con indicios fiables como son as bandeiras azuis”, indicou o delegado, quen lembrou que acadar esta distinción supón “un esforzo importante para cumprir cos criterios rigorosos do proceso, pero merece a pena xa que os beneficios son importantes”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/07/2023