A Xunta salienta a importancia do talento e o liderado para impulsar a competitividade e camiñar cara a unha economía sustentable

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe en Santiago de Compostela no encontro ‘Líderes que deixan pegada’, organizado por APD, onde puxo en valor os procesos de transformación tecnolóxica e a cultura da sustentabilidade

Resalta o liderado de Galicia acompañando o traballo das empresas, que se traduce na “estabilidade institucional” e nos “bos índices de crecemento” que teñen permitido recuperar os niveis de PIB prepandemia e bater o récord de exportacións

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2023

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe no encontro organizado por APD Líderes que deixan pegada, un marco no que destacou a importancia do talento e o liderado para impulsar a competitividade e camiñar cara a unha economía sustentable.

 

Neste marco, Toca, que felicitou a APD por esta iniciativa posta en marcha o ano pasado no marco do seu 20º Aniversario da zona noroeste, sinalou que desde o Goberno galego se está a acompañar todo o traballo do tecido empresarial neste eido para facilitar o seu liderado. Un liderado que se traduce na “estabilidade institucional” e nos “bos índices de crecemento” que teñen permitido recuperar os niveis de PIB prepandemia e bater o récord histórico de exportacións  

 

A directora do Igape avogou por impulsar a colaboración público-privada e por reforzar a simplificación administrativa, ao tempo que animou aos asistentes a seguir traballando na transición cara a unha economía sustentable.

 

“O obxectivo é acompañar á tecnoloxía e á Intelixencia Artificial, con persoas e con líderes”, incidiu Toca, quen sinalou que “o talento é o motor que move a economía do coñecemento, a economía verde e dixital”. “Sen talento non hai innovación e sen innovación non hai transformación”, concluíu.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/07/2023