Aneiros destaca o papel do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos en Ferrol na celebración do 20 aniversario da súa delegación territorial

Ferrol, 13 de xullo de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde nos actos conmemorativos do 20 aniversario da inauguración da delegación territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos (COIN). No acto, que tivo lugar na sala Carlos III de Exponav, Aneiros destacou o papel deste organismo nunha cidade como Ferrol “que nace por e grazas ao mar”.

A delegada lembrou as orixes da ensinanza da enxeñería naval, moi vinculada á cidade. Unha formación que dixo, “espero que siga fornecendo de coñecementos e profesionais” esta urbe. “En Ferrol levamos tres séculos construíndo barcos. Ese é o noso pasado, o noso presente e queremos siga sendo o noso futuro”, asegurou, “e os enxeñeiros navais sodes os que marcaredes esa folla de ruta”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/07/2023