A Xunta seguirá a reforzar a atención ás persoas con discapacidade e o apoio ás familias

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, mantivo hoxe reunións de traballo con Autismo Galicia e Saúde Mental Feafes

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, sinalou hoxe que se marca como obxectivo seguir reforzando a atención ás persoas con discapacidade e o apoio ás familias. Indicouno tras manter na xornada de hoxe sendas reunións con responsables de Autismo Galicia e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (Feafes).

Begoña Abeijón destacou o traballo de todas as entidades que traballan no ámbito da discapacidade e o empuxe das familias, que é fundamental para mellorar a calidade de vida destas persoas e para avanzar na súa plena inclusión. Neste sentido, afirmou que a Xunta continuará, da man do tecido asociativo, promovendo a igualdade de oportunidades e impulsando a autonomía das persoas con algún tipo de discapacidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/07/2023