A delegada territorial en Ferrol informou desta convocatoria durante unha visita á ONG Acción Familiar

Martina Aneiros anima a solicitar as axudas da Xunta para a consolidación das asociación de mulleres e o fomento de actividades no eido da igualdade

Trátase dunha orde de subvencións da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que se poden solicitar ata o próximo 4 de agosto

A iniciativa pon especial foco nas mulleres rurais, nas maiores e nas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade

Ferrol, 12 de xullo de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, informou esta mañá dunha nova convocatoria de axudas para a consolidación das asociacións de mulleres e o fomento de actividades no eido da igualdade e da violencia de xénero cuxo prazo de solicitude a Xunta ten aberto ata o próximo 4 de agosto. O fixo durante unha visita á ONG Acción Familiar (AFA) que desenvolve unha labor de atención e fortalecemento ás familias, especialmente aos seus membros máis vulnerables (maiores, mulleres e infancia) na que estivo acompañada pola xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e igualdade, Judit Fontenla, e membros da entidade.

A convocatoria está dirixida a asociacións ou federacións de mulleres sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (deben estar constituídas como mínimo por un 90% de mulleres) e que traballen a prol da igualdade entre homes e mulleres.

Tal e como avanzou a delegada territorial, “a Xunta contribuirá con 330.000 euros a atender os gastos correntes derivados do mantemento e funcionamento das entidades e a apoiar os seus programas de traballo con mulleres vítimas da violencia de xénero ou para a promoción da igualdade coa fin de fortalecer o movemento asociativo feminino e potenciar a participación social e a calidade de vida das galegas”.

Así, na liña 1, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o funcionamento das asociacións, a contía máxima prevista por entidade é de 4.000 euros; mentres que a liña 2 para a promoción de actuacións singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento ás vítimas co foco posto nas mulleres rurais, nas maiores e nas que se atopen en situación de vulnerabilidade, as contías serán ata un máximo de 6.000 euros por entidade.

Neste caso se financiarán actividades desenvolvidas entre o 1 de decembro do 2022 e o 30 de novembro de 2023 e que respondan a una destas catro tipoloxías: accións de sensibilización e concienciación social en materia de igualdade e prevención de violencia de xénero; actuacións para o empoderamento e a participación activa da cidadanía feminina; iniciativas para facilitar a adquisición de competencias e habilidades básicas para unha maior autonomía das mulleres e, por último, medidas específicas dirixidas á prevención da violencia contra as mulleres e ao acompañamento ás vítimas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/07/2023