Galicia Calidade entrega o selo de garantía á adega de Petín Terriña

A xerente do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, reuniuse hoxe cos responsables da compañía

Petín (Ourense), 11 de xullo de 2023

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, reuniuse hoxe cos responsables da adega Terriñanas súas instalacións de Petín (Ourense), para facerlles entrega da certificación que acredita a posesión do selo de garantía de Galicia Calidade, con validez para os próximos trinta anos, que permitirá á empresa incluír a nova sinalización na súa fachada, así como engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial.

Terriña, pertencente á familia bodegueira Méndez-Rojo, está formada por 25 hectáreas de viñedo, e figura como unha das adegas máis antigas da denominación de orixe Valdeorras. A responsable de Galicia Calidade destacou o "compromiso coa calidade dos viños" desta compañía, un dos valores fundamentais de Terriña, onde prestan atención á selección das materias primas, aos procesos de xestión, atención ao cliente, mecanismos de control e responsabilidade ambiental e corporativa.

Galicia Calidade é a marca que certifica os produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con máis de 150 empresas adheridas e máis de 780 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/07/2023