Martina Aneiros destaca a calidade do produto na 31ª edición da Festa do Polbo de Mugardos

Mugardos (A Coruña), 8 de xullo de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe á 31ª edición da Festa do Polbo de Mugardos, unha exaltación gastronómica declarada Festa de Interese Turístico de Galicia que conta, un ano máis, co respaldo de Turismo de Galicia.

Aneiros que puxo en valor  a calidade do produto que se serviu ao longo de toda a xornada, tivo a ocasión de degustar a afamada receita local da que está previsto repartir unhas 3.000 racións coa utilización de 1.500 quilos de cefalópodo e outras tantas de empanada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/07/2023