A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada OU-536 ao paso polo concello do Pereiro de Aguiar
Proseguirán as tarefas en execución na estrada OU-801, que comunica os municipios ourensáns de Padrenda e Ribadavia
Ademais continuarán os traballos nas marxes da autovía AG-51, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño; e na VG-4.6, que une Cangas do Morrazo e Bueu
Estas actuacións enmárcanse no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2023 A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica OU-536 ao paso polo concello do Pereiro de Aguiar.
Estas mesmas tarefas continuarán, tamén na provincia de Ourense, cos traballos de roza e limpeza que se veñen realizando nas últimas semanas na marxes da estrada autonómica OU-801, que comunica os municipios de Padrenda e de Ribadavia.
En paralelo, seguirán avanzando os labores en execución nas marxes da autovía AG-51, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño; e na VG-4.6, que une Cangas do Morrazo e Bueu.
Prevención e reforzo da seguridade
Estas actuacións enmárcanse no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.
Os traballos consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas, e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.
Os obxectivos deste programa son previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.