Xosé Merelles salienta as grandes posibilidades que ofrece Galicia para a organización de congresos e reunións profesionais

O director de Turismo de Galicia resaltou a variedade de espazos e contornas naturais e patrimoniais cos que conta a nosa comunidade

Destacou tamén a capacidade dos profesionais do sector turístico para a produción de eventos

Santiago de Compostela, 05 de xullo de 2023

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles salientou hoxe as grandes posibilidades que ofrece Galicia para a organización de congresos e reunións profesionais, no marco da inauguración do “Global Mice Forum”, que ten lugar no Eurostars Gran Hotel A Toxa.

Segundo explicou Xosé Merelles, dende a Xunta apoiamos a este sector dende o primeiro momento, xa que foi un dos máis afectados no ámbito turístico pola pandemia, o que se está reflectindo nun aumento do número de persoas que visitan Galicia para asistir a reunións, congresos ou convencións. O que tamén contribúe a mellora de infraestruturas como os centros de congresos, a capacidade hoteleira, e a mellora das comunicacións, entre outras.

Merelles destacou a importancia deste segmento para o conxunto da oferta turística galega, xa que é un tipo de turismo clave pola súa capacidade desestacionalizadora e para potenciar o turismo de valor engadido, imprescindible para descentralizar a oferta turística máis aló dos meses de verán.

Por iso, para potenciar a oferta turística galega, dende a Xunta puxéronse en marcha medidas entre as que destacan a diversificación da oferta turística, coa promoción, por exemplo, do turismo de reunións, do turismo de congresos. Todas as infraestruturas e servizos, sumados á hostalería, fan que Galicia se estea consolidando como un referente do turismo de congresos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/07/2023