A Xunta destaca o emprendemento innovador como chave no futuro económico de Galicia

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe no evento InnoBar, encontro entre startups e investidores que busca identificar necesidades e inquedanzas dos emprendedores galegos potenciando o ecosistema da innovación en Galicia

Lembra que o Goberno galego ten en marcha unha completa Axenda Startups con diferentes liñas e actuacións na procura de fomentar un emprendemento innovador capaz de seguir reactivando a economía, xerar emprego e mellorar a competitividade
 

Santiago de Compostela, 04 de xullo de 2023

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe en InnoBar, un encontro celebrado en Santiago e centrado na innovación, no que tomaron parte representantes de startups e investidores e no que puxo en valor a importancia do emprendemento innovador como chave do futuro económico de Galicia.

O evento, organizado en colaboración coa Fundación Madri+D, impulsou a súa primeira xuntanza na capital o pasado mes de novembro, tomando parte no mesmo diversas startups e emprendedores galegos. Esta tarde abordouse en Galicia unha segunda xornada que reuniu arredor de cen persoas.

Neste marco, a directora do Igape puxo en valor a importancia deste tipo de encontros, que permiten, nun espazo distendido, potenciar o ecosistema innovador galego promovendo a colaboración entre emprendedores e posibles investidores. “InnoBar é unha boa experiencia innovadora, que permite recibir charlas inspiradoras, compartir coñecemento e facer networking”, expuxo Toca.

Sobre esta base, a directora do Igape lembrou que o Goberno galego ten en marcha unha completa Axenda Startups con diferentes liñas e actuacións na procura de fomentar un emprendemento innovador capaz de seguir reactivando a economía, xerar emprego e mellorar a competitividade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/07/2023