A Xunta aposta polo fomento do deporte entre a poboación máis nova para “construír unha Galicia saudable, solidaria e con espírito de superación”

A Coruña, 1 de xullo de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na entrega de premios do Campionato galego de boxeo en idade escolar, onde destacou a importancia de fomentar o deporte entre a poboación máis nova para “construír unha Galicia saudable, solidaria e con espírito de superación”.

Organizado pola Federación Galega de Boxeo co apoio do Goberno galego, o evento contou coa participación de 150 deportistas de entre 5 e 16 anos dunha vintena de clubs de toda Galicia. Diego Calvo incidiu nos beneficios que representa a práctica deportiva para a rapazada, coa adquisición de valores básicos para o desenvolvemento persoal. Nesta liña, agradeceu o labor desenvolvido polas federacións e os clubs, así como a súa implicación en iniciativas impulsadas pola Xunta como o Plan Corresponsables ou o programa Xogade, destinados de xeito específico aos máis novos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/07/2023