Martina Aneiros destaca o traballo da organización da LXIX Copa Calleja que reunirá no Casino Tenis Club de Ferrol a tenistas de contrastada calidade

Ferrol, 30 de xuño de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación da LXIX Copa Calleja de tenis que se disputa dende hoxe ata o 8 de xullo no Casino Tenis Club de Ferrol onde tivo lugar o acto ao que tamén acudiron o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela e o presidente do Casino Ferrolano, Alberto Vázquez.

A representante do Goberno galego salientou o apoio económico da Xunta ao campionato que contar con tenistas de entre os 150 mellores da clasificación nacional. A delegada territorial puxo en valor o traballo da organización dun dos torneos de tenis de categoría absoluta máis importantes de Galicia e destacou a presenza de tenistas de contrastada calidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/06/2023