O estendido do firme na vía de altas prestacións Pardiñas-As Galanas e os traballos na zona final da autovía Santiago-Brión suporán novas afeccións ao tráfico a vindeira semana

Estes traballos acometeranse entre o luns e o venres, polo que o tráfico será transferido á calzada oposta, en función da zona de obras, como vía de dobre sentido

O luns día 3 levaranse a cabo intervencións no ramal das Galanas

As actuacións na VG-1.7 proseguirán entre o martes e o xoves, polo que será necesario o corte dun dos carrís, dándose paso alternativo ao tráfico mediante semáforos

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2023

As obras de estendido da nova capa de rodaxe na autovía VG-1.7, Pardiñas-As Galanas, e os traballo na zona final da autovía AG-56, Santiago-Brión, suporán novas afeccións ao tráfico a vindeira semana.

 

Máis en concreto, o luns día 3 de xullo comezaranse os traballos polo estendido da nova capa de rodadura na vía de altas prestacións, no ramal das Galanas.

 

As actuacións na VG-1.7 proseguirán entre o martes e o mércores, polo que será necesario cortar un dos carrís e dar tráfico alternativo polo outro mediante semáforos.

 

Segundo a programación dos traballos, as obras comezarán o martes ás 8,30 horas e prolongaranse ata as 20,30 horas no tramo situado entre os quilométricos 3 e o 2+000. O mércores os traballos seguirán, nese mesmo horario, entre os quilómetros 2 e 1. Xa o xoves día 6, tamén no mesmo horario, desenvolveranse as intervencións entre os puntos quilométricos 1 e 0+200 .

 

En paralelo a estas actuacións, o venres día 7, os traballos en execución na autovía Santiago-Brión, a AG-56, concentraranse na zona final de la autovía, o que obrigará a facer o corte dunha calzada, funcionando a calzada oposta como vía de dobre sentido.

 

Rehabilitación do firme

Todas esta tarefas forman parte da renovación do firme na autovía Santiago-Brión, AG-56, e na vía de altas prestacións Pardiñas-As Galanas que se está a levar a cabo nas últimas semanas cun investimento de case 5,9 M€, asumido dentro do contrato de concesión da autovía.

 

Os traballos, que contan cun prazo de execución de 4 meses, céntranse no acondicionamento do firme de puntos ou zonas singulares onde existe un deterioro acentuado, mediante o fresado de 5 cm de capa de rodaxe e a reposición de 5 cm con mestura intermedia. As obras tamén inclúen o selado de fisuras transversais e o estendido de nova capa de rodaxe no tronco, ramais e enlaces. As actuacións complementaranse coa posterior reposición da sinalización horizontal e vertical.

Data de actualización: 30/06/2023