Trenor participou no acto de graduación de Fisioterapia da Universidade da Coruña

A Coruña, 30 de xuño de 2023 O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou no acto de despedida da XI Promoción de Graduados en Fisioterapia da Universidade da Coruña. Na súa intervención destacou que a fisioterapia é xa unha parte fundamental nos coidados da cidadanía e puntualizou que “o voso traballo é, polo tanto, clave para o benestar das persoas e para a propia sociedade”

Trenor lembrou que “desde o goberno galego somos conscientes do excelente complemento que proporciona a fisioterapia ao tratamento de moitas doenzas, non só na súa cura, senón, tamén, na mellora da calidade de vida do doente, polo que cada ano reforzamos e estabilizamos a súa presenza no sistema sanitario e social de Galicia”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/06/2023