Trenor escoita as demandas do equipo directivo e da Ampa do CEIP María Pita

A Coruña, 30 de xuño de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, mantivo, esta mañá, unha reunión co equipo directivo e a Ampa do CEIP María Pita, para analizar as actuacións pendentes no edificio e para recoller as propostas de mellora para este centro educativo.

O delegado da Xunta confirmou que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades conta co proxecto para levar a cabo as melloras básicas de eficiencia enerxética no colexio, que contemplan a renovación integral da cuberta do edificio.

Trenor tamén recolleu a proposta de ampliación do espazo do comedor, algo que sería posible co peche da actual pista exterior para o seu uso como ximnasio o que permitirá utilizar o actual espazo do ximnasio para ampliar a zona de comedor. O delegado comprometeuse a estudiar esta actuación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/06/2023