A Xunta e o novo decano do Colexio de Arquitectos de Galicia avalían as medidas autonómicas de fomento do uso de madeira na construción

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2023

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, reuniuse co novo decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Luciano Alfaya. O encontro serviu para repasar diferentes asuntos relacionados co uso de madeira na construción.

Unha das liñas básicas de traballo da Axencia -adscrita á Consellería do Medio Rural- ten que ver, precisamente, co fomento da utilización de madeira como elemento estrutural na construción. Para esta finalidade, o departamento que dirixe Jacobo Aboal xestiona no período 2022-2023 axudas por importe de 2,6 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/07/2023