O 061 de Galicia atendeu 76 intoxicacións, seis accidentes de tráfico e nove queimaduras na noite de San Xoán

A Estrada (Pontevedra), 24 de xuño de 2023 Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na pasada Noite de San Xoán 76 intoxicacións etílicas ou por drogas, seis accidentes de tráfico, con sete persoas implicadas, e nove queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado foi desde as 21,00 horas, do venres 23 de xuño, ata as 09,00 horas, do sábado 24 de xuño.

Pontevedra con 38 intoxicacións etílicas ou por drogas foi a provincia que rexistrou o maior número de atencións, seguida da Coruña con 30, Lugo con seis e Ourense con dous persoas atendidas. 53 persoas foron atendidas no punto e non requiriron traslado e 23 foron trasladadas a centros sanitarios.

As queimaduras atendidas polo 061 na Noite de San Xoán foron nove. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu cinco persoas na Coruña e catro en Pontevedra. Todos os pacientes necesitaron ser trasladados a un centro hospitalario.

No caso dos accidentes de tráfico foron asistidas sete persoas en seis accidentes de tráfico. A Coruña, Pontevedra e Ourense rexistraron dous accidentes de tráfico respectivamente. Do total de persoas atendidas, cinco foron trasladadas a centros sanitarios e dúas foron asistidas no punto sin necesitar traslado.

 

Data de actualización: 24/06/2023