A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade clausurou a conmemoración do Día internacional da muller na enxeñería, no Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos

Ethel Vázquez anima ás mulleres a incorporarse ás carreiras de enxeñaría para equilibrar a balanza da profesión e que siga medrando co talento feminino

Vázquez Mourelle destaca o incremento da presenza feminina na enxeñería, pois mentres na franxa entre 46 e 55 anos, a porcentaxe rolda o 20%, no intervalo entre os 35 anos ou menos, xa representan o 40%

Subliña a importancia de seguir avanzando mediante a visibilización de referentes de éxito ou alimentando a vocación técnica desde os fogares e as aulas, para que a sociedade progrese cara unha maior igualdade e xustiza para a muller

A Coruña, 23 de xuño de 2023 A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anima ás mulleres a incorporarse ás carreiras de enxeñaría para equilibrar a balanza da profesión e que siga medrando co talento feminino. 

Vázquez Mourelle clausurou hoxe a conmemoración do Día internacional da muller na enxeñería, organizada polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

Puxo en valor os datos do Observatorio da Enxeñería de 2022, que amosan o incremento das mulleres nesta profesión, pois mentres na franxa de idade entre 46 e 55 anos, a porcentaxe de profesionais femininas rolda o 20%, no intervalo entre os 35 anos ou menos, xa representan o 40%.

Neste sentido, destacou a importancia de seguir avanzando mediante a visibilización de referentes de éxito ou alimentando a vocación técnica desde os fogares e as aulas, co fin de que a sociedade progrese cara unha maior igualdade e xustiza para a muller en todos os ámbitos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/06/2023