O veterinario da Xunta Juan Gómez Apesteguía recibe a medalla da Confederación Española de Fabricantes de Alimentos Compostos

Foi galardoado polo seu labor a prol da seguridade alimentaria e velando pola calidade dos produtos de alimentación para animais

Madrid, 22 de xuño de 2023

O veterinario da Consellería do Medio Rural Juan Gómez Apesteguía recolleu esta mañá en Madrid a medalla que outorga a Confederación Española de Fabricantes de Alimentos Compostos para Animais (Cesfac) a prol da seguridade alimentaria en xeral e da alimentación animal en particular, dentro da categoría de “funcionarios de administracións autonómicas”.

 

Desta forma, recoñécese o labor desenvolto por este funcionario dende o Servizo de seguridade alimentaria nas producións gandeiras, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería. Neste caso, cómpre salientar que a execución dos programas de control oficial no sector da alimentación animal realizada por estes departamentos garante en última instancia a todo o sector, produtores de pensos e criadores de animais, que todos os operadores cumpran coas súas obrigas normativas de calidade e seguridade alimentaria. isto posibilita a existencia dun mercado de pensos e dun mercado de produtos de orixe animal transparentes, sans e seguros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/06/2023