A Xunta realiza mañá e o venres probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de ruptura

O Goberno galego reforza con este exercicio a súa aposta pola prevención ante calquera emerxencia

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2022

A Xunta de Galicia ten previsto realizar mañá xoves e o venres, días 22 e 23, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 39 presas con Plan de Emerxencia.

Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alcoa, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil.

A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.

O primeiro sinal de aviso audible será a partir das 09,00 horas do día 22 augas abaixo da presa de Belesar, nos concellos de Chantada, O Saviñao, Carballedo e Pantón. A partir desa hora as probas desenvolveranse ata as 13,00 horas, rematando na presa de Albarellos, en Boborás, O Carballiño, Leiro, Beade e Cenlle. Ao día seguinte, o venres 23, retomaranse as probas ás 09,00 horas na presa de Vilagaduin, en Tordoia, e rematarán ás 13,00 horas na de Velle, en Ourense.

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia. 

 

NATURGY
DATA
HORA INICIO
PRESA
CONCELLOS 1/2 HORA
22/06/2023
9:00
BELESAR

Chantada, O Saviñao, Carballedo, Pantón

22/06/2023
11:00
OS PEARES

Carballedo, Pantón, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, O Pereiro de Aguiar, Coles

22/06/2023
10:00
FRIEIRA
Crecente
22/06/2023
10:30
CASTRELO

Ribadavia, Castrelo de Miño, Arnoia, Melón

22/06/2023
13:00
ALBARELLOS

Boborás, O Carballiño, Leiro, Beade, Cenlle

 
IBERDROLA                       
DATA
HORA INICIO
PRESA
CONCELLOS ½ hora
22/06/2023
10:00
CHANDREXA
Chandrexa de Queixa
22/06/2023
10:10
GUÍSTOLAS
A Pobra de Trives, Ribas de Sil
22/06/2023
10:20
SANTA EULALIA
O Bolo, Petín, Ribas de Sil
22/06/2023
10:30
SAN ESTEBAN
Pantón, Sober
22/06/2023
10:40
SAN PEDRO

Pantón, Carballedo, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Coles, O Pereiro de Aguiar

22/06/2023
11:00
SAN MARTÍN
Quiroga, Ribas de Sil
22/06/2023
11:15
MONTEFURADO
Quiroga, Ribas de Sil, A Rúa, Petín
22/06/2023
11:30
SEQUEIROS
Quiroga, Ribas de Sil
22/06/2023
11:45
CASOYO
Carballeda, O Barco de Valdeorras
22/06/2023
12:00
PUMARES
Carballeda, O Barco de Valdeorras
22/06/2023
12:15
CENZA
Viana do Bolo, Vilariño de Conso
22/06/2023
12:30
AS PORTAS
Viana do Bolo, Vilariño de Conso
22/06/2023
12:45
O BAO
Manzaneda, O Bolo, Petín, Ribas de Sil
 
ENDESA
DATA
HORA INICIO
PRESA
CONCELLOS ½ hora
22/06/2023
10:30
RIBEIRA
As Pontes de García Rodríguez
22/06/2023
12:00
EUME
Pontedeume, Ares, Cabanas, Fene
 
 
XEAL
DATA
HORA INICIO
PEP
CONCELLOS ½ hora
22/06/2023
10:00
FERVENZA
Dumbría, Mazaricos
22/06/2023
11:30
SANTA UXIA
Carnota, Dumbría, Mazaricos
 
PHG
DATA
HORA INICIO
PEP
CONCELLOS ½ hora
22/06/2023
10:00
TOURO
Vila de Cruces, Touro, Silleda
 
ALUMINA
DATA
HORA INICIO
PEP
CONCELLOS ½ hora
22/06/2023
11:30
RIOCOBO E DIQUE
Cervo
22/06/2023
10:00
DEPOSITO LODOS VERMELLOS
Xove
 
AUGAS DE GALICIA
DATA
HORA INICIO
PEP
CONCELLOS ½ hora
22/06/2023
10:30
BAÍÑA
Baiona
22/06/2023
12:30
CALDAS
Caldas de Reis, Portas
22/06/2023
13:30
O CON
Vilagarcía de Arousa
22/06/2023
11:30
EIRAS
Soutomaior, Ponte Caldelas, Pontevedra

Data de actualización: 21/06/2023