A Xunta trasládase a Cambados para celebrar un novo “Venres cooperativo” que tivo como protagonistas ás entidades Horsal e Factoría Atelier

Cambados (Pontevedra), 16 de xuño de 2023 A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou hoxe na terceira visita dos Venres Cooperativos, programados pola Xunta nas vésperas da celebración o próximo 1 de xullo do Día Internacional do Cooperativismo, e que hoxe permitiu coñecer de primeira man o traballo de dúas entidades: a cooperativa produtora de hortalizas Horsal de Cambados e Factoría Atelier de restauración de mobles, que, desde O Grove, se dedica á recuperación de mobiliario e á creación artesanal de pezas decorativas.

A de hoxe foi a terceira das catro xornadas organizadas os venres deste mes desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para dar a coñecer a experiencia de cooperativas de diferentes ámbitos e atraer a novos emprendedores a iniciar unha actividade nas fórmulas da economía social. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mantén abertas as inscricións no programa no seguinte enderezo: http://polosemprendemento.gal/calendar/os-venres-cooperativos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/06/2023