A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta mañá as instalacións de Congalsa, unha das empresas que participan deste programa

A Xunta incrementa o apoio á inserción laboral da mocidade co impulso do programa Xuventude Mentoring

O Consello da Xunta aprobou os fondos para a posta en marcha de dúas novas edicións do programa, que chegou este ano a súa terceira edición
 

Esta iniciativa permite que a xuventude poida integrarse no mundo laboral, entre en contacto con empresas e coñeza as súas posibles áreas de especialización
 

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 16 de xuño de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, sinalou que o Goberno galego está a incrementar o apoio á inserción laboral da xuventude mediante o impulso do programa Xuventude Mentoring. Esta mañá asistiu a un acto en Congalsa con mozos e mentores que participan do programa na súa modalidade tradicional.

A conselleira sinalou que mediante o programa Xuventude Mentoring, a Xunta apoia á xuventude a integrarse no mercado laboral, a poñerse en contacto co mundo empresarial e resolver as súas dúbidas sobre as súas áreas de especialización. Durante o acto coñeceu a algúns dos mozos e mentores que están participando, agora mesmo, na terceira edición do programa. 

Logo do éxito das tres pasadas edicións, o Consello do Goberno autonómico aprobou a posta en macha de dúas novas edicións deste programa e tamén o impulso dunha nova modalidade de Xuventude Mentoring na Empresa, co que se promoven estadías de tres meses en empresas para seguir promocionando o contacto co mundo empresarial.  

Sobre Congalsa

Pola súa banda, a directora de Relacións Externas de Congalsa, Isabel Cañas, eloxiou o programa Xuventude Galicia Mentoring pola súa capacidade de “tender pontes entre o tecido empresarial galego e a xuventude” que se incorpora ao mercado laboral. Ao tempo, resaltou a aposta da compañía pola formación continua como un dos seus piares de gobernanza e por incorporar xente nova ao seu cadro de persoal. De feito, tal e como indicou Cañas, “o 40 % dos nosos traballadores teñen menos de 35 anos”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/06/2023