A Xunta achega o voluntariado ao Colexio Carmelitas de Ourense a través do programa Pasaporte Solidario

Ourense, 15 de xuño de 2023 A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, entregou hoxe os diplomas ao alumnado do Colexio Carmelitas de Ourense que participa no programa ‘Pasaporte Solidario’. A través desta iniciativa, a Xunta implica a escolares de centros de toda Galicia nas súas primeiras experiencias de voluntariado.

Os participantes neste centro son máis de 150 nenos de 5º e 6º de Primaria, que forman parte dos máis de 600 de toda Galicia que están implicados en ‘Pasaporte Solidario’. Esta iniciativa permite ao alumnado realizar durante o curso intervencións de carácter social coas que traballan valores como o da solidariedade, o respecto e o compañeirismo, entre outros. Ademais, coas súas accións contribúen a mellorar a contorna na que viven.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/06/2023