A Xunta pon en valor o sector cárnico galego na XXI Festa gastronómica do Codillo da Lama

Trátase dunha cita anual na que os asistentes poden degustar este prato, así como outras preparacións da gastronomía local e sobremesas caseiras

Alí, destacouse a Estratexia de dinamización do sector cárnico, que ten como obxectivo situar a Galicia como unha rexión de referencia neste eido fundamental do rural galego
 

A Lama (Pontevedra), 11 de xuño de 2023

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu hoxe á XXI Festa gastronómica do codillo, que se celebra no concello pontevedrés da Lama. Trátase dunha cita anual na que os asistentes poden degustar este prato, así como outros típicos da gastronomía local e sobremesas caseiras.

Alí, púxose en valor o sector cárnico galego, un eido fundamental da nosa economía que a Xunta apoia con iniciativas como a Estratexia de dinamización, así como con achegas económicas ou campañas de promoción.

Canto á Estratexia, posta en marcha recentemente, ten como obxectivo principal situar a Galicia como unha rexión de referencia na produción de carne, cun alto nivel de competitividade e sustentabilidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/06/2023