Preto de 1000 voluntarios recollen 5 toneladas de residuos en espazos naturais da comunidade

A sétima edición da gran recollida colaborativa de residuos 1 m2 contra a basuraleza, que organizan SEO/Birdlife e Ecoembes no marco do Proxecto Libera e na que tamén colabora a Xunta, desenvolveuse o pasado sábado en 61 puntos de recollida de Galicia

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2023 Preto de 1000 voluntarios das catro provincias participaron o pasado 3 de xuño na actividade 1 m2 contra a basuraleza que desde 2017 organiza SEO/Birdlife en colaboración con Ecoembes e que desde o 2018 conta co apoio expreso da Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

En total, recolléronse máis de 105.000 residuos, cun peso de case 5 toneladas, nos 61 puntos de recollida fixados na Comunidade. Concretamente, entre os residuos máis habituais destacan as cabichas, as latas de bebida, pezas de plástico pequenas, toallas hixiénicas e anacos de vidro.

O obxectivo desta sétima edición da recollida colaborativa cidadá —na que participou persoalmente a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez— é concienciar sobre o impacto ambiental da basuraleza e amosar o compromiso da sociedade coa protección e a preservación do medio ambiente. A nivel nacional, foron 17.000 as persoas que participaron nas 970 batidas organizadas en todas as provincias do país.

Trátase dunha iniciativa avalada por asociacións locais e colectivos apadriñados por Libera, como a Cruz Vermella. Ademais, cómpre destacar que tamén houbo administracións públicas que organizaron e promoveron batidas de limpeza en espazos dos seus propios termos municipais,

 

Data de actualización: 11/06/2023