A Xunta sinala en Taboada o seu apoio ao sector rural desde a perspectiva de xénero a través da nova Lei de Igualdade de Galicia

Taboada (Lugo), 10 de xuño de 2023

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Taboada no I Encontro da cultura do viño da Ribeira Sacra, onde destacou a importancia de apoiar o sector rural desde a perspectiva de xénero. Por iso, felicitou á asociación de comerciantes do concello lucense pola iniciativa coa que colabora a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e puxo en valor o VIII Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2022-2027, no que se aborda a través de un eixe específico as mulleres no rural.

López Abella, ademais, sinalou que a futura de Lei de igualdade de Galicia, agora en tramitación parlamentaria, dedicará un capítulo ás mulleres rurais e do sector marítimo-pesqueiro, onde se recolle unha carta de dereitos e se lles recoñece prioridade nas políticas de emprego autonómicas. Fomentarase o asociacionismo e o traballo en rede destas mulleres e se creará un premio Muller Rural e do Mar en Galicia para distinguir a súa singularidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/06/2023