A Xunta destaca o papel da Fundación Cotec como referente na promoción da innovación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Madrid na reunión do Padroado desta organización sen ánimo de lucro, que estivo presidida polo rei Filipe VI

Madrid, 5 de xuño de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Madrid na reunión do Padroado da Fundación Cotec para a innovación, que estivo presidida polo rei Filipe VI.

A Xunta de Galicia forma parte do Padroado de Cotec a través da Axencia Galega de Innovación. A misión desta organización sen ánimo de lucro é promover a innovación como motor de desenvolvemento económico e social, realizando un intenso labor ao servizo da innovación tecnolóxica entre as empresas españolas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/06/2023