Minuto de silencio do Goberno galego en repulsa polo crime machista de Oia (Pontevedra)

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, acompañado de membros do Executivo, participou nun minuto de silencio en repulsa polo crime machista de Ana Vanessa Serén cometido en Oia (Pontevedra).

Este minuto de silencio celebrouse tamén en todas as Delegacións Territoriais da Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/06/2023