A Xunta destaca a importancia de contar cun tecido empresarial comprometido coa inclusión social

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2023

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá nas Xornadas de Responsabilidad Social Corporativa que organiza Vegalsa-Eroski baixo o lema Trampolíns de confianza. Durante o encontro, destacou a importancia de contar cun tecido empresarial comprometido coa inclusión social.

Arturo Parrado tamén puxo en valor a colaboración da Xunta con todas as iniciativas que buscan garantir unha segunda oportunidade para aquelas persoas que se atopan en risco de exclusión. Neste sentido, agradeceu a Vegalsa-Eroski o seu compromiso por facer de Galicia un lugar máis solidario e comprometido con todos os galegos.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/06/2023