A Xunta pon en valor o programa de actividades deportivas no CAPD de Redondela

Redondela (Pontevedra), 2 de xuño de 2023

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, puxo en valor o programa de actividades deportivas no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela. Esta mañá visitou aos usuarios deste centro público autonómico que participaron na actividade Fútbol a pé.

O director xeral destacou a calidade asistencial deste centro e agradeceu aos seus profesionais o importante traballo que realizan cada día para atender ás necesidades das persoas con discapacidade. Así mesmo, lembrou a importancia de ofrecer actividades que lles permitan manter un ritmo de vida activo e que melloren a súa calidade de vida.  

Data de actualización: 02/06/2023