O delegado territorial da Xunta participou esta mañá en Ourense na campaña de promoción dos mercados e prazas de abastos 'Quere o teu mercado’

Gabriel Alén salienta as bondades do consumo de produtos frescos no comercio de proximidade

En Ourense, a campaña de promoción ‘Quere o teu mercado’ é iniciativa da Xunta, Deputación, Federación Galega de Comercio e da Área Comercial Praza de Abastos nº1

Gabriel Alén animou a todos os asistentes a sumarse a esta campaña coa que, en definitiva, se busca dinamizar estes espazos achegándose á cidadanía para potenciar a compra do produto local, ademais de poñer en valor o bo facer dos profesionais

Entre hoxe e mañá, ofreceranse máis de 1.000 degustacións de tenreira galega grazas a colaboración da IXP Ternera Gallega cun posto que estará instalado na entrada do mercado onde tamén poderá intercambiarse os billetes da compra por agasallos da campaña

Ourense, 02 de xuño de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá en Ourense na campaña de promoción dos mercados e prazas de abastos ‘Quere o teu mercado’; unha iniciativa da Xunta, Deputación, Federación Galega de Comercio e da Área Comercial Praza de Abastos nº1 para incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e bo facer dos praceiros e praceiras.

O delegado territorial, que estivo acompañado do presidente do Inorde, Rosendo Luís Fernández,  explicou que mañá, 03 de xuño, celébrase en 28 mercados de Galicia o Día do Mercado, nos que se desenvolverán unha serie de eventos para intentar atraer clientes e transmitir todos os beneficios que ten consumir nos mercados de proximidade.

Gabriel Alén animou a todos os asistentes a sumarse a esta campaña coa que, en definitiva, se busca dinamizar estes espazos achegándose á cidadanía para potenciar a compra do produto local, ademais de poñer en valor o bo facer dos profesionais.

Entre o hoxe e mañá, ofreceranse máis de 1.000 degustacións de tenreira galega grazas a colaboración da IXP Ternera Gallega cun posto que estará instalado na entrada do mercado onde tamén poderá intercambiarse os billetes da compra por agasallos da campaña. A novidade deste ano chegase o sábado, coa lectura dun fragmento do Ulises de James Joyce, unha das novelas cumes da literatura que cumpre 100 anos.

Sinalou o representante do Goberno galego que con esta iniciativa trátase de unir a nivel internacional aos mercados locais de diferentes formas e tamaños nun fin común: aumentar a súa visibilidade, a presenza de consumidores e o consumo no comercio de proximidade, ao tempo que se fortalecen os lazos de unión e a fidelización cos usuarios.

‘Quere o teu mercado’ (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano únense Portugal e Brasil aos mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, China, Arxentina e Estados Unidos.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/06/2023