A Xunta participa na asemblea xeral da Axencia europea de información xuvenil que se celebra en Malta

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe na asemblea xeral da Axencia europea de información xuvenil (Eryica) que está a celebrarse estes días en Malta e nos que se está a analizar novas propostas para mellorar os servicios de información á mocidade.

A Eryica é unha organización europea independente composta por diferentes organismos nacionais e rexionais que traballa para impulsar a cooperación europea no ámbito da información xuvenil. Galicia forma parte desde o ano pasado desta entidade, que tamén conta entre os seus membros con outras Comunidades Autónomas. O programa da asemblea inclúe sesións de networking entre todos os membros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2023