A Xunta impulsa a xestión da saúde integral nos espazos de traballo a través dunha xornada do Issga celebrada na Coruña

A Coruña, 31 de maio de 2023

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, pechou hoxe a xornada Promoción da saúde no lugar de traballo. Moverse máis e mellor organizada na Coruña polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (issga) en colaboración con Motricidade Laboral SL. A representante autonómica puxo en valor a celebración de actos coma este para impulsar un novo enfoque na xestión da saúde laboral co foco posto nas persoas desde unha visión de saúde integral, no marco da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2023