A delegada territorial da Xunta en Ferrol visita en Narón as instalacións da empresa CT Ingenieros
2023-05-30
/documents/35297/40693/VisitaCTIngenieros.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Narón (A Coruña), 30 de maio de 2023
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a sede da empresa CT Ingenieros, no polígono industrial da Gándara, en Narón, unha multinacional española dedicada á realización de proxectos vinculados á aeronáutica, defensa, automoción, sector naval e industrial, entre outros.
A firma emprega actualmente a 100 enxeñeiros en Ferrolterra e conta con concertos coa FP Dual e a UDC. Aneiros tivo ocasión de coñecer as instalacións e os principais proxectos que esta a desenvolver a empresa que actualmente participa no programa das fragatas F-110.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 30/05/2023