A directora xeral de Saúde Pública destaca as medidas postas en marcha pola Consellería de Sanidade na abordaxe das enfermidades raras

Carmen Durán participou hoxe, na Real Academia de Farmacia, nun relatorio sobre estratexias na abordaxe destas patoloxías

En Galicia fóronse incrementando o número de cribados neonatais figurando entre as comunidades cun maior de número destas probas na súa carteira de servizos

Madrid, 30 de maio de 2023 A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, interveu hoxe, en Madrid, no relatorio: Estratexias na abordade das enfermidades raras, no marco da 3ª Edición Singulares: unidos polas enfermidades raras ou pouco frecuentes, acto que tivo lugar na Real Academia de Farmacia.

Neste foro, Carmen Durán sinalou que a abordaxe da enfermidades raras ou pouco frecuentes debe englobar as medidas que incidan no diagnóstico precoz, a atención multi e interdisciplinar, así como o acceso ás medidas terapéuticas farmacolóxicas e non farmacolóxicas con criterios de equidade.

Por outra banda, -sinalou a directora xeral-, a prevención secundaria é fundamental para mellorar a morbilidade e mortalidade asociadas a estas enfermidades. Para iso, en Galicia fóronse incrementando o número de cribados neonatais figurando entre as comunidades cun maior de número destas probas na súa carteira de servizos.

No que respecta á asistencia destes pacientes, Carmen Durán incidiu en que a constitución das unidades funcionais multidisciplinares supuxo un avance importante na súa atención.

Por último, a responsable de saúde pública subliñou que, poder realizar unha correcta vixilancia epidemiolóxica, contribúe ao coñecemento destas patoloxías e á súa abordaxe posterior. En Galicia cóntase co rexistro de enfermidades raras que utiliza a tecnoloxía e o big data para mellorar a eficiencia do proceso.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/05/2023