O secretario xeral da Emigración asistiu ao desfile do Carnaval das Culturas de Berlín para mostrar o apoio da Xunta á asociación galega De Berlín Son

Berlín (Alemaña), 28 de maio de 2023

O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe ao Carnaval das Culturas de Berlín para mostrar o apoio da Xunta de Galicia a asociación galega De Berlín Son, que participou na mesma, dando así a coñecer a cultura galega aos habitantes da capital de Alemaña.

Este desfile ten coma obxectivo dar a coñecer entre os habitantes da cosmopolita capital alemá as diferentes culturas das que proceden moitos dos seus residentes. Aproveitando este acto, o secretario xeral mantivo unha xornada de convivencia e encontro cos galegos desta asociación, unha das máis novas, pero moi dinámica, de Europa, e agradeceulles o esforzo que están a realizar por potenciar a cultura galega en Berlín e na súa contorna.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/05/2023