O secretario xeral da Emigración asiste á proxección de “As Bestas” no Forum Audi de Ingolstadt, dentro do ciclo de cine no que colabora o centro español desta localidade

Ingolstadt (Alemaña), 27 de maio de 2023

O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á proxección do filme hispano-francés “As Bestas”, invitado polo Centro Español de Ingolstadt, que colabora no ciclo audiovisual CinEscultura de Regensburg. O acto desenvolveuse no Forum Audi da localidade alemá, e no mesmo estiveron presentes o cónsul xeral de España en Múnich, Ángel Boixareu, o vicepresidente de Recursos Humanos de Audi AG, Xavier Ros, , o director do ciclo, Pedro Álvarez e os directivos do Centro Español de Ingolstadt.

O secretario xeral agradeceu a invitación do Centro Español e recordou que a proxección desta multipremiada película englóbase dentro dun ciclo que ten coma obxectivo dar a coñecer en Alemaña o cine español e, por tanto, tamén do galego, xa que nas últimas semanas tamén se puideron ver filmes coma Valentina ou Unicorn Wars, realizadas en Galicia. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/05/2023