A Xunta executará a vindeira semana actuacións de acondicionamento nas marxes de 3 estradas autonómicas nas comarcas de Bergantiños, Lemos e Pontevedra
Na provincia da Coruña, as tarefas desenvolveranse na estrada AC-552, ao paso polos concellos de Carballo e Coristanco
En Lugo continuarán os traballos na vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1)
Continuarán as actuacións de limpeza nas marxes da PO-223, no concello de Pontevedra
Estas obras están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, cun investimento de case 3 M€ para os dous próximos anos
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2023
A Xunta executará a vindeira semana actuacións de limpeza e acondicionamento nas marxes de 3 estradas autonómicas nas comarcas de Bergantiños, Lemos e Pontevedra.
Na provincia da Coruña, as tarefas desenvolveranse na estrada AC-552, ao paso polos concellos de Carballo e Coristanco.
No caso da provincia de Lugo, proseguirán os traballos vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1).
No caso da provincia de Pontevedra, as actuacións seguirán desenvolvéndose na estrada PO-223, no concello de Pontevedra.
Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.
As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.
Os obxectivos deste programa son previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.