A Xunta organiza unha xornada técnica sobre a prevención e a erradicación da rinotraqueíte infecciosa bovina

Terá lugar o 8 de xuño no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e está enmarcada dentro do proxecto de cooperación “Aportacións ao coñecemento da distribución do herpesvirus bovino tipo 2 (BoHV-2) na cabana vacuna galega”

Está destinada a veterinarios de gando bovino de Galicia, que poderán apuntarse de balde de xeito online ou presencial ata acadar a cota máxima

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2023 A Xunta de Galicia organiza nunha xornada técnica dentro do programa nacional de prevención, control e erradicación da rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR) que terá lugar o 8 de xuño no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Enmárcase dentro do proxecto estratéxico de cooperación “Aportacións ao coñecemento da distribución do herpesvirus bovino tipo 2 (BoHV-2) na cabana vacuna galega”. 

Trátase dunha xornada de carácter técnico, polo que está destinada a veterinarios de gando bovino de Galicia. Os interesados poderán apuntarse ata cubrir o cota máxima, de 100 persoas de xeito presencial a través deste formulario. A xornada retransmitirase tamén por streaming, polo que os interesados tamén poderán seguir os relatorios de xeito online. 

Ao longo do día, sucederanse diversas charlas e faladoiros sobre o diagnóstico da rinotraqueíte infecciosa bovina  en Galicia, a aplicación do programa de cualificación desta enfermidade noutras comunidades e cuestións relacionadas sobre a perspectiva de futuro. Os relatores son expertas e expertos da Consellería do Medio Rural, do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e de institucións de referencia de comunidades autónomas como Andalucía e o País Vasco.

Ligazón ao formulario de inscrición:

https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=E9mRn7KHA0eTXo_V5upzo8UanDfS2QpAuXBZXf3DLipUNTBJNkc2NEJRVVlQVVNRNlNGRjNJM0FLQy4u&origin=QRCode

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/05/2023