A Xunta remata as actuacións de mellora da depuradora de Ponte Chaín, no concello de Portas

Augas de Galicia procedeu á entrega destas intervencións á administración local

A intervención permitirá reducir o tamaño dos sólidos que poidan incorporarse ás distintas fases do proceso de depuración e mellorar o rendemento de cada unha delas

Os traballos consistiron na substitución do cestón de grosos do pozo de bombeo e na instalación de variadores de frecuencia e dun caudalímetro

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023 A Xunta rematou as actuacións de mellora da estación depuradora de augas residuais de Ponte Chaín, no concello de Portas. Augas de Galicia procedeu á entrega destas intervencións á administración local.

A intervención permitirá reducir o tamaño dos sólidos que poidan incorporarse ás distintas fases do proceso de depuración e mellorar o rendemento de cada unha delas.

Os traballos acometidos na depuradora consistiron na substitución do cestón de grosos do pozo de bombeo por outro de luz de malla inferior e na instalación de variadores de frecuencia para o arranque das bombas do pozo de bombeo.

Tamén se dispuxo un caudalímetro, ademais dun contedor de 1,1 m3 para o almacenamento dos residuos, así como unha acometida de abastecemento de auga desde a traída municipal.

Data de actualización: 25/05/2023