A Xunta subliña en Vigo a aposta pola transformación dixital e sustentable do tecido industrial

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou en Vigo na xornada 15 temas estratéxicos para o futuro de Galicia, celebrada no Círculo de Empresarios

Vigo, 24 de maio de 2023

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, sinalou hoxe, durante a súa intervención na xornada 15 temas estratéxicos para o futuro de Galicia, celebrada no Círculo de Empresarios, que as políticas industriais deben estar orientadas a impulsar a transformación dixital e sustentable do tecido produtivo, impulsar cadeas de valor que xeren pegada industrial en Galicia e inxectar innovación, ademais de favorecer o acceso a enerxía a prezos competitivos.

Neste contexto, Uría incidiu na necesidade de acompañar ao tecido industrial apostando pola colaboración público-privada, clave para o futuro económico e a creación de emprego. Neste sentido, apostou por impulsar novas oportunidades empresariais en Galicia con máis simplificación administrativa, máis incentivos fiscais ás empresas e máis facilidades para acceder ao solo empresarial.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/05/2023