Emigración e Política Lingüística comparten unha visita á Cidade da Cultura con vinte mozos e mozas do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2023

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compartiron hoxe con vinte mozos e mozas pertencentes ao Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, unha visita guiada pola Cidade da Cultura, dentro da viaxe que están a realizar por Galicia e que, nestes días, permitiulles coñecer Santiago de Compostela, as Rías Altas e Baixas.

 

Deste xeito, esta visita achégaos á cultura galega, potenciando así os vínculos de moitos deles, descendentes de galegos residentes no Reino Unido. Durante os últimos días puideron visitar tanto Santiago de Compostela coma A Coruña, Pontevedra e as Rías Altas e Baixas. Neste centro, único colexio español en Londres, asisten numerosos alumnos que poden aprender galego dende 1991, grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerior de Educación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/05/2023