Política Social e Xuventude sortea as prazas ofertadas nos campamentos de verán

Os adxudicatarios dunha praza deberán presentar, nos próximos cinco días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación do sorteo e por vía electrónica, unha serie de documentación complementaria para formalizar a praza

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023

Esta mañá a Consellería de Política Social e Xuventude realizou o sorteo das prazas en campamentos de verán para mozas a mozos de entre 9 e 17 anos. O programa de actividades da campaña deste ano, que ten como lema O verán que sempre vas lembrar contará con 11.200 prazas en campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e outras propostas.

 

A práctica totalidade das prazas quedaron cubertas, tan só quedaron 17 vacantes, que sairán a un proceso de acceso libre nas vindeiras semanas. Neste senso, o 70% das persoas que presentaron solicitude ten praza adxudicada ou está en lista de agarda. Con respecto ás prazas reservadas a nenos con discapacidade, todos os solicitantes obtiveron unha praza ou están en lista de agarda.

 

Ademais, a Xunta de Galicia sorteou 100 prazas de balde, deste xeito, as familias afortunadas non terán que pagar nada no campamento adxudicado.

 

Cómpre lembrar que as persoas que resultaron adxudicatarias dunha praza deberán presentar, no prazo de cinco días hábiles desde o día seguinte ao da publicaciçpm do sorteo, e por vía electrónica, unha serie de documentación complementaria para formalizar a praza. O listado de admitidos e de agarda, así como toda a información complementaria a presentar, estará dispoñible na web de Xuventude

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/05/2023