Galicia pechou o primeiro trimestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 10,40 días en marzo, case 20 días por debaixo da media de comunidades autónomas

A débeda comercial foi a máis baixa de España

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2023 Galicia pechou o primeiro trimestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Estremadura, segundo os datos oficiais do mes de marzo publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 10,40 días en marzo, case 14 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 24,11. Ademais, tamén se situou case 20 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio sitúan a Galicia como a comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de marzo no 0,08%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,29%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 3.443 millóns de euros, dos que 60 millóns – o 1,74%- corresponden a Galicia.

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma estaba en marzo de 2023 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Período Medio de Pago – Marzo de 2023 (*CCAA réxime foral)

Extremadura
 8,39
 
Valencia
23,50
Galicia
10,40
TOTAL CC.AA.
24,11
Andalucia
16,36
Aragón
25,87
Madrid
18,45
Cataluña
26,10
País Vasco*
20,31
La Rioja
26,36
Castilla-La Mancha
20,89
Baleares
31,24
Castilla-León
21,23
Asturias
31,94
Cantabria
23,33
Canarias
35,10
Navarra*
23,45
Murcia
69,56

Data de actualización: 22/05/2023