Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Rebordechán

Segundo as últimas medicións, o lume -que se iniciou en tres focos- afectou a unha superficie de 104 hectáreas, 89 delas de monte raso e o resto arboradas

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2023

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Rebordechán, quedou extinguido ás 19,24 h. de hoxe.

O lume iniciouse o pasado xoves ás 19,53 h. en tres focos diferentes e, segundo as últimas medicións, afectou a unha superficie de 104 hectáreas, 89 delas de monte raso e o resto arboradas. En total, mobilizáronse para o seu control 4 técnicos, 1 unidade técnica de apoio, 21 axentes, 61 brigadas, 40 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Data de actualización: 20/05/2023