A Xunta pon en valor o traballo dos produtores que fan posible a Feira das cereixas e o viño de Belesar

O Saviñao (Lugo), 20 de maio de 2023 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, asistiu hoxe á celebración da XVII Feira das cereixas e o viño de Belesar.

Conde puxo en valor o traballo de todos os produtores para facer deste evento unha das grandes citas gastronómicas do mes de maio na comarca. Neste sentido, esta feira é un atractivo turístico máis para a Ribeira Sacra grazas ao número de visitantes que atrae cada ano.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/05/2023