Estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Rebordechán

Segundo as últimas medicións, o lume -que se iniciou en tres focos- afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2023 A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Rebordechán, quedou estabilizado ás 12,14 h. deste mediodía.

O lume iniciouse onte ás 19,53 h. en tres focos diferentes e, segundo as últimas medicións, afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 4 técnicos, 1 unidade técnica de apoio, 16 axentes, 51 brigadas, 33 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 19/05/2023