Activo un incendio forestal na parroquia de Rebordechán, en Crecente

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2023

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Rebordechán, que segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas de superficie afectada.

O lume iniciouse ás 19,53 h. e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 3 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 5 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 18/05/2023